We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Split w/ Escolopendra

by Milhomes

supported by
/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

  • Milhomes / Escolopendra split
    Compact Disc (CD) + Digital Album

    Includes unlimited streaming of Split w/ Escolopendra via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

    Sold Out

1.
Anno Dómini 02:05
Nunha eirexa da montaña eu vin unha caveira de cristián facendo de peto das ánimas. Tiña unha fenda no frondal e por alí decorrían os cartos dos bos feligreses. Unha caveira de sacristía, sobada por mans luxadas de cera e de aceite, como lombo de misal antigo, coma pelexo de pandeiro vello. Recollendo diñeiro para ben das almiñas do purgatorio, levaba moitos anos de servicio a probe caveira humán. Agora eu vou contarvos unha cousa. Eu seino, porque o sei, que a caveira foi dun home que roubaba con toda a legalidade aproveitándose dunhas leises que o gardaban da xusticia do noso mundo. O ladroeiro, agora, no mundo da verdade, está condenado a recibir enriba da súa alma os cartos que roubóu, can a can, cadela a cadela. Ten a ialma sentada na silla turca do esfenoides e cada peza de diñeiro que lle botan é un fungueirazo que recibe no lombo. Arrepía de pensar en tanta dor. O ladrón xa vai ben castigado; pero aínda debe recibir coarenta e sete mil reás en pezas de cobre. Eu seino porque... Castelao, "Cousas"
2.
En Tebras 02:52
Aínda eu era médico rural e rubía por un camiño da serra. Os casales estaban lonxe, os alboredos tamén e por alí non había máis que toxos e pedras. No curuto avistéi a figura dunha muller que me chamaba coa man, e o petrucio que camiñaba de par do meu cabalo contóume: - ¡Malpocadiña! Chámanlle a tola do monte. Era unha rapaza ben asisada e bonita coma un sol e din que foi unha meiga quen a enfeitizóu e dispóis de perder o xuicio tívolle un fillo e contan que foi do demo... Por riba da tola do monte voaba un miñato. Castelao, "Cousas"
3.
Camposanto 01:45
Cheguei. O cerco por unha banda era baixiño: unhas pedras mal postas, apreixadas por edras e silveiras. Paseino e fun dereito ó sitio... Deiteime no chan, apliquei a orella, e axiña o que oín xioume o sangue. No seo da terra unhas unllas desesperadas rabuñaban nas táboas. Rabuñaban? Non sei, non sei. Alí preto había un sacho... Ía xa cara a el cando fiquei suspenso. Polo camiño que pasa a rentes do camposanto sentíanse pasadas e rumor de fala. Viña xente. Entonces si que sería absurda, tola, a miña presencia alí, daquelas horas e cun sacho na man. Ía dicir que o deixara enterrar sabendo que estaba vivo? E fuxín coa solapa subida, pegándome ós muros. A lúa era chea e os cans latricaban lonxe. Rafael Dieste, “Dos arquivos do trasno”
4.
Romasanta 02:37
Logo foi cando apareceu no camiño real o corpo medio comido e esnaquizado dun viaxeiro forasteiro. Uns días despois desto atoparon outro corpo,[...]. E aínda se deron máis casos desgraciados que ninguén sabía explicar. Toda a xente da bisbarra andaba co medo metido no corpo. Había opinións, claro que si. Así, había quen dicía, tendo en conta as mordeduras que apareceran nos corpos dos defuntos, que era cousa dun lobo que se afixera a comer carne humana, [...]. Os máis, a maioría, crían que toda aquela maldade só podía ser obra dalgún humano que se volvera lobo; ou sexa, dun lobishome. Había viaxeiros que aseguraban ter visto un lobo grande, ou as pegadas enormes que deixaba polas lamas dos camiños; e mesmo houbo quen dixo terlle apuntado coa escopeta pero que os tiros facíanlle o mesmo daño ca unha cuspiñada. Vicente Risco, “O lobo da xente”
5.
Onte hai un cruceiro houbo sempre un pecado, e cada cruceiro é unha oración de pedra que fixo baixar un perdón do Ceo, polo arrepentimento de quen o pagóu e polo gran sentimento de quen o fixo. ¿Tedes reparado nos nosos cruceiros aldeáns? Pois reparade. A Virxe das Angustias, enclavada no reverso de moitas cruces de pedra, non é a Piedá dos escultores; é a Piedade creada polos canteiros. Os nosos canteiros, deixándose levar polo sentimento, non podían maxinar un home no colo da nai. Para os artistas canteiros, Xesucristo sempré é pequeno, sempre é o Neno, porque é o Fillo, e os fillos sempre somos pequenos nos colos das nosas nais. Reparade nos cruceiros e descubriredes moitos tesouros. Castelao, "Cousas"
6.
Medulio 01:42
O día do Medulio con sangue quente e roxa mercámo-lo dereito á libre honrada chouza! Ramón Cabanillas, "¡En pé!"

about

feito na casa nunha tarde de vento e chuvia. DIY

credits

released April 29, 2015

license

tags

about

Milhomes A Guarda, Spain

escuro dúo instrumental

contact / help

Contact Milhomes

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Milhomes, you may also like: